Entre Buda y un Samurai

Entre Buda y un Samurai
... en la vida breve.

lunes, 11 de octubre de 2010

Perdido

Absolutamete perdido.

Preso, un home con fame

de estradas, aeroportos,

sorpresas...

Necesito sorpresas e novidades.

Ando no límite.

Teño que fuxir.

(Hacia fora, hacia dentro)

Teño que traballar.

Teñor que ser persoa de proveito.

Teño que rematar con tantas cousas.

Teño que non defraudar,

ser o "EU" que eles queren"

A cárcere física mátame,

bloquéame, é un campo de confusión.

Repítome.

Repítome.

Repítome.

Ti, eu, ti...

Ti compréndesme.

"Meu reino por un cabalo de nubes,

por unha barca sin nome nin brúxula".

Ti compréndesme.

Viaxemos aquí, alá,

fora, dentro...

pero sexanmos quén

de transitar os anos con paixón,

coa fame de mulleres e homes

que desexan vivir a vida.

A morte matará. Si. non vai perdoar.

(Ten tódalas fichas do taboleiro)

Máis ti me comprendes.


(Texto/Foto M.M.)


1 comentario:

  1. Meu reino por una carretera...Bicos Matías!!! No me alcanza el tiempo ...

    ResponderEliminar