TODO É TRANSITORIO (Tempo de verán)
“Todo é transitorio” afirmaba Siddhartha Gautama anos despois de que as frores de loto naceran baixo seus pasos.
Él, Buda, tiña unha misión, coma o coronel de Dersu Uzala, coma ise Blade Runner que atopa a inmensidade e a luz cando todo asemella perdido.
Eu, afortunado son de coñecer moitos mundos, moita xente, moitos veráns...
Chamonix, Dingle, Benarés, Belgrado, Gerês, Sahara, Alpes, Toscana, Mar Negro...
Moitos e diferentes veráns, tempo de voltar a Ítaca.
Sempre necesito de ver o MAR, escoitar a suavidade do son dos ríos, voltar a Kavafis. Preciso de comer un bacallao na casa do amigo Ramallho, pasear polas rúas de Braga e disfrutar deses cafés que dan o empuxón prá seguir cara ao MAR e durmir baixo as estrelas.
Estou nun bar escribindo iste pequeño relato e de supeto entra un amigo que facía sete ou oito anos que non vía. O compañeiro Xurxo, da raia con Portugal.
Lembramos, quedamos... (verán, verán...)
Cóntolle que a miña vida segue polos mesmos camiños, xá non teño remedio.
Moitas viaxes, países, momentos, situacións que andan por ahí... días que danlle forma a miña pel.
O COUREL é o meu verán, sempre O COUREL.
Teño 42 anos e dende os 15 volto coma unha serpe antiga que repite sen remedio, con prazer e cariño. Volto xunto da miña queridísima amiga Fina, compañeira e mestre da que tanto levo aprendido.
Eu quero a miña namorada Rogueira, os soutos de Horreos, o vento do Formigueiros, o frescor do río Selmo...
En fin, disfrutade, “todo é transitorio”.
“Xá non quedan illas, xá non quedan desertos, máis síntese a súa necesidade”.
(Albert Camus)
(Texto e fotografías Matías Moreno)